mércores, 1 de outubro de 2025

Torneo Online Dia do Maior

O Día do Maior é unha homenaxe á sabedoría que guía xeracións. Celebramos as historias vividas, os consellos compartidos e o agarimo que nunca falta. Grazas por sementar valores que florecen cada día. Hoxe e sempre, recoñecemos o voso legado.

Este domingo 5 de outubro ás 20:00 organizamos un torneo online en lichess.org, aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.

Detalles do torneo:

  • Data: Domingo 5 outubro 2025
  • Hora: 19:00 (hora peninsular)
  • Formato: Arena en lichess.org
  • Premio: Trofeo para o vencedor

Ligazón directa ao torneo: Torneo Dia do Maior - lichess.org

Como participar:

Para poder xogar, é imprescindible ser membro do equipo AGAX Aberto. Se aínda non te uniches, podes facelo seguindo as instrucións nesta entrada:

Inscrición no equipo AGAX Aberto

Anímate a participar, celebra connosco e demostra o teu talento no taboleiro virtual. ¡Vémonos o domingo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario