venres, 4 de xullo de 2025

Torneo Online do Asalto

Na fin de semana Vimianzo celebra o Asalto ao Castelo.
E nos, realizamos en colaboración con INCUDE o Torneo Asalto Online.
Será ás 16,00 con agasallo dunha taza de Irmandiños de INCUDE para o vencedor.

xoves, 19 de xuño de 2025

Torneo San Xoán

O torneo mensual do Circuito Anual, é neste mes de xuño o Torneo de San Xoán.

Será o martes 24 ás 20,00 horas.

Ligazón: TORNEO DE SAN XOAN Arena #4byfTyxb • lichess.org

Lembra que tes que estar admitido como membro do equipo. Normas en https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html 

Situación do Circuito:



domingo, 4 de maio de 2025

venres, 11 de abril de 2025

Torneo Online de Semana Santa

O Domingo de Resurrección temos un torneo online.

Esta fora do circuito de torneos mensuais do Concello.

Tan só para adestrar.

Ligazón: TORNEO DOMINGO DE RESURRECCION Arena #zA9X9YkI • lichess.org

domingo, 6 de abril de 2025

Hoxe Torneo Online

Dentro do circuito co Concello da Coruña.

Torneo Online.

Ligazón: DIA DAS ARTES GALEGAS Arena #SbIBcBBA • lichess.org

Información para inscribirse no equipo de AGAX Aberto se non participaras antes:

https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html

E por outra banda se és da Comunidade Universitaria da UDC, do seu club de xadrez e da súa escola, tedes o Torneo Online de Lentas da UDC. que vai empezar pronto

Información: https://www.xadrezuniversitario.org/2025/03/torneo-online-lentas-2025.html

xoves, 3 de abril de 2025

Torneo Día das Artes

O vindeiro domingo teremos o Torneo do Día das Artes Galegas.

Será o cuarto dos torneos anuais de AGAX en colaboración co Concello da Coruña.

Ligazón: DIA DAS ARTES GALEGAS Arena #SbIBcBBA • lichess.org

Clasificación actual:

xoves, 27 de febreiro de 2025

Torneo Online de San Rosendo

O sábado 1 é o Día de San Rosendo.

Se non sabes porqué e o santo mais ligado ao xadrez galego, posiblemente teñas que leer algo sobre este home excepcional.

E como xa fixemos o ano pasado realizaremos o domingo 2 un torneo online na súa memoria, dentro do circuito de torneos en Lichess que facemos en colaboración co Concello da Coruña.

Todos os interesados están invitados co único requisito de ser membro do noso club online aberto.

Taza para o vencedor.

TORNEO SAN ROSENDO Arena #0Ju0P18q • lichess.org

Clasificación do circuito tras os torneos de xaneiro e febreiro (computan os tres primeiros de cada proba). Polo de agora ninguén foi quen de estar no podium nas dúas probas.