luns, 15 de decembro de 2025

Torneo Online de Nadal


Torneo Online de Nadal

O día de Nadal tamén se xoga ao xadrez! Para rematar as celebracións, organizamos o Torneo Online de Nadal o xoves 25 de decembro de 2025. Unha oportunidade para relaxarse e gozar do noso deporte favorito nun ambiente festivo.

Este evento é posible grazas ao patrocinio do Concello da Coruña, a quen agradecemos o seu compromiso co xadrez durante todo o ano.

Detalles do torneo:

  • Data: Xoves, 25 de decembro de 2025.
  • Hora: 20:00 (hora peninsular).
  • Plataforma: lichess.org
  • Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess.

Como participar:

  1. Asegúrate de ser membro do noso equipo en Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.
  2. Inscríbete no torneo a través da seguinte ligazón: https://lichess.org/tournament/oFkITebz.

Animádevos a pechar o día de Nadal connosco. Vémonos no taboleiro virtual!



Patrocina:

Concello da Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario