martes, 23 de decembro de 2025

Torneo Aninovo 2026



Cando as uvas e os xogos cos amingos terminen, temos outros amigos na rede que queren pasar unha boa noite para non durmir. Convidámosvos a participar no noso Torneo de Aninovo o xoves 1 de xaneiro de 2026, unha cita para gozar do xadrez nunha data sinalada.

Este torneo lévase a cabo grazas ao patrocinio do Concello da Coruña, cuxo apoio é fundamental para manter viva a actividade xadrecística na cidade. Moitas grazas!

Detalles do torneo:

  • Data: Xoves, 1 de xaneiro de 2026.
  • Hora: 02:30 (hora peninsular) - Nota: un poco despois das uvas.
  • Plataforma: lichess.org
  • Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess.

Como participar:

  1. Únete á nosa comunidade en Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.
  2. Inscríbete no torneo aquí: https://lichess.org/tournament/PO5U1R6i.

Desexámosvos un feliz ano 2026.

Patrocina:

Concello da Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario