domingo, 14 de decembro de 2025

Torneo Noiteboa


Torneo Noiteboa

A Noiteboa é un momento para compartir, e que mellor maneira de facelo que cunha partida de xadrez? Convidámosvos a participar no noso Torneo de Noiteboa o mércores 24 de decembro de 2025, unha cita para gozar do xadrez nunha data sinalada.

Este torneo lévase a cabo grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, cuxo apoio é fundamental para manter viva a actividade xadrecística na provincia. Moitas grazas!

Detalles do torneo:

  • Data: Mércores, 24 de decembro de 2025.
  • Hora: 17:00 (hora peninsular) - Nota: horario adiantado pola data especial.
  • Plataforma: lichess.org
  • Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess.

Como participar:

  1. Únete á nosa comunidade en Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.
  2. Inscríbete no torneo aquí: https://lichess.org/tournament/lAeqOzPk.

Desexámosvos unhas felices festas e agardamos vervos no torneo para compartir un bo anaco de xadrez.

Patrocina:

Deputación da Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario