No Magosto, cada xogada conta... e cada castaña tamén.
Este domingo 16 de novembro ás 20:00 organizamos un torneo online en lichess.org, aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.
Detalles do torneo:
- Data: Domingo 16 novembro
- Hora: 20:00 (hora peninsular)
- Formato: Arena en lichess.org
- Premio: Trofeo para o vencedor
Ligazón directa ao torneo:
Torneo Aniversario - lichess.org
Como participar:
Para poder xogar, é imprescindible ser membro do equipo AGAX Aberto. Se aínda non te uniches, podes facelo seguindo as instrucións nesta entrada:
Inscrición no equipo AGAX Aberto
Anímate a participar, celebra connosco e demostra o teu talento no taboleiro virtual. ¡Vémonos o domingo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario