Torneo San Martiño
Chega o San Martiño e, con el, o noso tradicional torneo de xadrez en liña. Preparádevos para unha tarde de estratexia e competición o vindeiro domingo 16 de novembro de 2025.
Este evento celébrase grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, que segue a apostar polo xadrez como ferramenta de encontro e competición na nosa provincia. O noso máis sincero agradecemento polo seu apoio.
Detalles do torneo:
- Data: Domingo, 16 de novembro de 2025.
- Hora: 20:00 (hora peninsular).
- Plataforma: lichess.org
- Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess.
Como participar:
- Se aínda non o es, únete ao noso equipo en Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.
- Inscríbete no torneo a través da seguinte ligazón: https://lichess.org/tournament/VhUV9v8B.
Non o dubides e únete a nós para celebrar o San Martiño da mellor maneira posible: xogando ao xadrez. Agardámoste!
Patrocina:
Deputación da Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario