Dámoslle a benvida a unha nova cita co xadrez en liña, o Torneo Online de Abril, que terá lugar o vindeiro domingo 26 de abril de 2026. Gustaríanos que este torneo sexa unha pequena homenaxe ó noso presidente de honra: Ernesto Pérez
Este torneo é posible grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, a quen agradecemos enormemente o seu apoio para a promoción do noso deporte.
Detalles do torneo:
- Data: Domingo, 26 de abril 2026.
- Hora: 21:00 (hora peninsular).
- Plataforma: lichess.org
- Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess.
Como participar:
- Se aínda non o es, únete ao noso equipo en Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.
- Inscríbete no torneo a través da seguinte ligazón: https://lichess.org/tournament/62CyavD7.
Animádevos a participar e a compartir a vosa paixón polo xadrez. Vémonos no taboleiro virtual!
Patrocina:
Diputación da Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario