venres, 29 de decembro de 2023

Torneo Aninovo

Un ano mais celebramos o Torneo Aninovo online.

Será transcurridas dúas horas do ano 2024... así que a actividade do ano empeza pronto.

O torneo durará unha hora a ritmo de 3'+ 2''

O gañador levará un trofeo.

Lembramos que para participar hai que ser membro do equipo AGAX ABERTO en Lichess.org e que precisas rexistrarte antes de pedir a entrada.

Ligazón ao torneo: TORNEO ANINOVO Arena #M4ukwOSP • lichess.org

A situación do Circuito Online deste curso 2023-2024 é a seguinte:



mércores, 27 de decembro de 2023

Liga AGAX Online de Nadal

O sábado 30 disputaremos o último torneo online sub12.

Para todos os interesados que naceran en 2011 ou seguintes.

Para participar hai que ser membro do equipo AGAX SUB12, ao pedir entrada indica o club polo que esteas federado.

Ligazón: LIGA AGAX SUB12 DE NADAL Arena #nEknhcyi • lichess.org

O gañador terá un trofeo.

A actividade conta coa axuda do Concello da Coruña.

domingo, 24 de decembro de 2023

Torneo de Navidad Online

Agardamos que teñades un Bo Nadal.

Hoxe, día de Noiteboa, temos un torneo aberto ás 19,00:

LXXV TORNEO DE NAVIDAD-ONLINE Arena #8tZdTT39 • lichess.org

Teremos un trofeo para o vencedor.

venres, 15 de decembro de 2023

Torneo de Clausura de Outono

SÁBADO 16

Para rematar a Liga de Outono imos facer un torneo online para todas as idades.

Será de 16,00 a 17,00 en Lichess

CLAUSURA LIGA DE OUTONO ONLINE Arena #leZFBeEw • lichess.org

Lembra que tes que estar no equipo de AGAX Aberto

Info sobre este equipo: https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html

luns, 6 de novembro de 2023

Para os nados en 2011 ou seguintes: Liga AGAX

Este sábado comezamos a Liga AGAX Sub12.

Tes as bases completas nesta mesma web, pero basicamente serán 5 sábados disputando partidas lóstrego de 16,00 a 17,00.

Equipos de colexios que sexan formados por alumnos nados en 2011 ou seguintes.

Ligazón ao encontro desta semana: 

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #2FWHmaVm • lichess.org

Información mais detallada da competición en: https://www.xogandocoxadrez.eu/2023/11/liga-agax-sub12.html 

domingo, 5 de novembro de 2023

LIGA AGAX Sub12 Online

Un ano mais voltamos coa Liga AGAX Sub12 Online, dentro das actividades co Concello da Coruña.

Coma nas edicións anteriores os encontros xogaranse en Lichess.

1. Sistema de xogo.
A competición desenvolverase durante cinco xornadas, sendo un torneo independente cada xornada, que cada semana publicaremos neste espazo web. Serán torneos a ritmo de TRES minutos con incremento de 2 segundos por xogada na modalidade Arena e que durarán unha hora.  Para os resultados de cada equipo contará a actuación dos tres mellores representantes de cada un.

2. Clasificación da Liga.
Os primeiros clasificados sumarán puntos cada semana (5 o primeiro, 4 o segundo, 3 o terceiro, 2 o carto e 1 o quinto). Establecerase deste xeito unha clasificación de toda a competición. Isto farase tanto para a clasificación por colexios como individual.

3. Participantes.
Poderán participar equipo representativos de centros de ensino da Coruña. Poden solicitar a inscrición en correo@agax.org. Os equipos teñen que estar formados polo alumnado que nacera no ano 2011 ou seguintes. Poden participar tódolos xogadores que o desexen dun mesmo centro e ir variando ao longo da proba. Igoalmente poden incorporarse equipos novos ao longo da duración do torneo. Os clubs autorizados a xogar non poderán optar aos premios de equipos.

4. Premios.
Na clasificación final da Liga recibirán un trofeo os tres primeiros equipos clasificados e tamén os tres mellores xogadores.

5. Datas e horario de xogo.
Xogarase de 16,00 a 17,00 os seguintes días:
11 de novembro
18 de novembro
25 de novembro
2 de decembro
9 de decembro

A idea é realizar a continuación un torneo aberto a calquera interesado (16 de decembro) e unha Liga Especial de Nadal sub12 con centros de calquera procedencia (23 de decembro).

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2011 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen berseker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se queres xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.


Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo. Así que cada xornada entra nesta web para participar na proba do día.



mércores, 27 de setembro de 2023

Circuito Online

O Circuito das Mariñas de Xadrez Online desenvolverase coas actividades 2023-2024.
Vai durar todo o ano dende o 1 de setembro ata o 31 de agosto de 2024.
Puntúan para o Circuito os cinco primeiros de cada proba, con puntos á inversa da clasificación.
A participación non supón ningunha obriga a maiores para os participantes nos torneos.
Cada cuatrimestre teremos unha taza para o socio mellor clasificado e na clasificación final teremos un trofeo para o mellor socio de AGAX e entregaremos aos tres primeiros socios suadoiros de AGAX.
E lembra que aquí tes toda a información para facerte socio... PREME
Aquí tes a situación actual cun só torneo disputado: