luns, 5 de outubro de 2026

Copa AGAX Online 2026

Torneo Online Copa AGAX 2026

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) organiza o domingo 1 de novembro de 2026 o Torneo Online Copa AGAX, que se xogará en Lichess. É o aperitivo perfecto para a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos presenciais, que se disputan ao día seguinte, o luns 2 de novembro, no Centro Comercial Los Rosales da Coruña.

  • Data: domingo 1 de novembro de 2026
  • Hora: 20:00 (hora peninsular)
  • Ritmo de xogo: 3 minutos + 2 segundos de incremento por xogada
  • Plataforma: lichess.org
  • Participantes: aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess
  • Inscrición: gratuíta

Como participar

  1. Únete ao equipo AGAX Aberto en Lichess, se aínda non es membro.
  2. Inscríbete no torneo a través desta ligazón: https://lichess.org/tournament/R1XVdqMW

Este torneo é posible grazas ao patrocinio do Concello da Coruña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario