O Rosario é a festa grande da Coruña. A cidade honra á súa patroa, a Nosa Señora do Rosario, e dende AGAX queremos sumarnos á celebración como mellor sabemos: dende o taboleiro.
Este luns 12 de outubro ás 20:00 organizamos un torneo online en lichess.org, aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.
Detalles do torneo:
- Data: Luns 12 de outubro de 2026
- Hora: 20:00 (hora peninsular)
- Ritmo de xogo: 3 minutos + 2 segundos de incremento por xogada (Blitz)
- Formato: Arena de 1 hora en lichess.org
Ligazón directa ao torneo:
Torneo do Rosario Online - lichess.org
Como participar:
Para poder xogar, é imprescindible ser membro do equipo AGAX Aberto. Se aínda non te uniches, podes facelo seguindo as instrucións nesta entrada:
Inscrición no equipo AGAX Aberto
Anímate a participar, celebra connosco e demostra o teu talento no taboleiro virtual. Vémonos o luns!
Patrocina:
Concello da Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario