mércores, 1 de outubro de 2025

Torneo Online Dia do Maior

O Día do Maior é unha homenaxe á sabedoría que guía xeracións. Celebramos as historias vividas, os consellos compartidos e o agarimo que nunca falta. Grazas por sementar valores que florecen cada día. Hoxe e sempre, recoñecemos o voso legado.

Este domingo 5 de outubro ás 20:00 organizamos un torneo online en lichess.org, aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.

Detalles do torneo:

  • Data: Domingo 5 outubro 2025
  • Hora: 19:00 (hora peninsular)
  • Formato: Arena en lichess.org
  • Premio: Trofeo para o vencedor

Ligazón directa ao torneo: Torneo Dia do Maior - lichess.org

Como participar:

Para poder xogar, é imprescindible ser membro do equipo AGAX Aberto. Se aínda non te uniches, podes facelo seguindo as instrucións nesta entrada:

Inscrición no equipo AGAX Aberto

Anímate a participar, celebra connosco e demostra o teu talento no taboleiro virtual. ¡Vémonos o domingo!

mércores, 10 de setembro de 2025

Torneo Aniversario

Este ano celebramos o aniversario da nosa comunidade, e queremos facelo como mellor sabemos: xogando xadrez! Este domingo 14 ás 20:00 organizamos un torneo online en lichess.org, aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.

Detalles do torneo:

  • Data: Domingo 14
  • Hora: 20:00 (hora peninsular)
  • Formato: Arena en lichess.org
  • Premio: Trofeo para o vencedor

Ligazón directa ao torneo:
Torneo Aniversario - lichess.org

Como participar:

Para poder xogar, é imprescindible ser membro do equipo AGAX Aberto. Se aínda non te uniches, podes facelo seguindo as instrucións nesta entrada:

Inscrición no equipo AGAX Aberto

Anímate a participar, celebra connosco e demostra o teu talento no taboleiro virtual. ¡Vémonos o domingo!

sábado, 23 de agosto de 2025

Torneo Lugnasad

Certamente levamos retraso cos nosos torneos online... asi que este domingo... Torneo Lugnasad ás 21,00.

Con trofeo para o vencedor.

Ligazón ao torneo:

LUGNASAD Arena #U57ugi0c • lichess.org

Lembra que hai que ser membro do noso equipo agax aberto (www.agax.net)

domingo, 20 de xullo de 2025

Dia do xadrez

Hoxe tocaria o Torneo polo Dia de Xadrez pero imos pospoñer todas as actividades.
Agardamos poder informar nos vindeiros dias.

venres, 4 de xullo de 2025

Torneo Online do Asalto

Na fin de semana Vimianzo celebra o Asalto ao Castelo.
E nos, realizamos en colaboración con INCUDE o Torneo Asalto Online.
Será ás 16,00 con agasallo dunha taza de Irmandiños de INCUDE para o vencedor.

xoves, 19 de xuño de 2025

Torneo San Xoán

O torneo mensual do Circuito Anual, é neste mes de xuño o Torneo de San Xoán.

Será o martes 24 ás 20,00 horas.

Ligazón: TORNEO DE SAN XOAN Arena #4byfTyxb • lichess.org

Lembra que tes que estar admitido como membro do equipo. Normas en https://www.xadrecista.eu/2023/08/equipo-en-lichess.html 

Situación do Circuito: