xoves, 4 de abril de 2024

Adestramento online

Pasada a Semana Santa, chegamos á cuarta sesión dos adestramentos online, con Marcos Martínez en recuperación pero xa disposto a dar a clase.

xoves, 14 de marzo de 2024

luns, 11 de marzo de 2024

Torneo San Rosendo

Este mes de marzo iniciase co Día de San Rosendo, celebrado o día 1, santo que debería ser o patrono do xadrez galego.
E aproveitamos para facer este domingo un torneo online na súa lembranza.

Domingo 17 de marzo. 20,00 horas.

Xa sabedes é obrigatorio ser membro do noso club en Lichess.

Como noutras ocasións non hai berseker nin racha de vitorias.

Serán 60 minutos a ritmo de 3'+2''

Ligazón:

TORNEO SAN ROSENDO Arena #Bhvke5ah • lichess.org

Situación do Circuito Online:

mércores, 21 de febreiro de 2024

Segunda clase

Tras a primeira clase da semana pasada seguimos con esta actividade de clases de balde para todos os interesados.

Profesor das clases: Marcos Martínez Ramos.
Xadrecista de recoñecida traxectoria en distintos clubs da cidade.  

Os adestramentos terían lugar o xoves anterior a cada xornada de Liga.

DIA DE CLASE ROLDA LIGA TEMARIO A DESENVOLVER
22 DE FEBREIRO 2 Pifias.

mércores, 14 de febreiro de 2024

Adestramento Gratuto Online

Unha nova iniciativa online aberta a todos será a creación de adestramentos online para os xogadores interesados.

Profesor das clases: Marcos Martínez Ramos.
Xadrecista de recoñecida traxectoria en distintos clubs da cidade.  

Os adestramentos terían lugar o xoves anterior a cada xornada de Liga.

DIA DE CLASE ROLDA LIGA TEMARIO A DESENVOLVER
15 DE FEBREIRO 1 Partidas de liga.
22 DE FEBREIRO 2 Pifias.
29 DE FEBREIRO 3 Mirar o taboleiro na apertura.
7 DE MARZO 4 Pequenos finais.
14 DE MARZO 5 Posicións claves en aperturas abertas.
21 E 28 DE MARZO NON HAI. SUSPENSION LIGA POR TORNEOS GALEGOS.
4 DE ABRIL 6 Posicións claves en aperturas pechadas.
11 DE ABRIL 7 Posicións claves en aperturas semiabertas
18 DE ABRIL 8 Cálculo de variantes.
25 DE ABRIL 9 Avaliación de posicións.
2 DE MAIO 10 Xestión do tempo
9 DE MAIO 11 Práctica do cálculo con estudos de finais

venres, 9 de febreiro de 2024

Torneo Online de Entroido

O martes, festivo na Coruña, celebraremos un novo torneo online.

Como proba vai ser antes de comer; ás 13,00 horas.

Xa sabedes é obrigatorio ser membro do noso club en Lichess.

Como noutras ocasións non hai berseker nin racha de vitorias.

Serán 60 minutos a ritmo de 3'+2''

Ligazón:

TORNEO ONLINE DE ENTROIDO Arena #Aa2BerIT • lichess.org

Situación do Circuito Online: