luns, 5 de outubro de 2026

Torneo Virxe do Rosario Online

Torneo Online Nosa Señora do Rosario 2026

O Rosario é a festa grande da Coruña. A cidade honra á súa patroa, a Nosa Señora do Rosario, e dende AGAX queremos sumarnos á celebración como mellor sabemos: dende o taboleiro.

Este luns 12 de outubro ás 20:00 organizamos un torneo online en lichess.org, aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.

Detalles do torneo:

  • Data: Luns 12 de outubro de 2026
  • Hora: 20:00 (hora peninsular)
  • Ritmo de xogo: 3 minutos + 2 segundos de incremento por xogada (Blitz)
  • Formato: Arena de 1 hora en lichess.org

Ligazón directa ao torneo:
Torneo do Rosario Online - lichess.org

Como participar:

Para poder xogar, é imprescindible ser membro do equipo AGAX Aberto. Se aínda non te uniches, podes facelo seguindo as instrucións nesta entrada:

Inscrición no equipo AGAX Aberto

Anímate a participar, celebra connosco e demostra o teu talento no taboleiro virtual. Vémonos o luns!

Patrocina:

Concello da Coruña

Copa AGAX Online 2026

Torneo Online Copa AGAX 2026

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) organiza o domingo 1 de novembro de 2026 o Torneo Online Copa AGAX, que se xogará en Lichess. É o aperitivo perfecto para a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos presenciais, que se disputan ao día seguinte, o luns 2 de novembro, no Centro Comercial Los Rosales da Coruña.

  • Data: domingo 1 de novembro de 2026
  • Hora: 20:00 (hora peninsular)
  • Ritmo de xogo: 3 minutos + 2 segundos de incremento por xogada
  • Plataforma: lichess.org
  • Participantes: aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess
  • Inscrición: gratuíta

Como participar

  1. Únete ao equipo AGAX Aberto en Lichess, se aínda non es membro.
  2. Inscríbete no torneo a través desta ligazón: https://lichess.org/tournament/R1XVdqMW

Este torneo é posible grazas ao patrocinio do Concello da Coruña.

martes, 28 de xullo de 2026

Torneo fin do mundo


Dámoslle a benvida a unha nova cita co xadrez en liña: o Torneo do Fin do Mundo, que terá lugar hoxe, xoves 13 de agosto de 2026.

Aproveitando que o mundo non se rematou co eclipse do 12 de agosto (onte), festexaremos que a Terra segue dando voltas arredor do Sol... e que aínda nos queda tempo para xogar unhas cantas partidas!

Data: Xoves, 13 de agosto de 2026
Hora: 21:00 (hora peninsular)
Ritmo de xogo: 3 minutos + 2 segundos de incremento por xogada (Blitz)
Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess

Este torneo é totalmente gratuíto e está aberto a calquera persoa con conta en Lichess.

Únete ao equipo: Se aínda non o es, solicita o teu ingreso no noso equipo de Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.

Inscríbete no torneo: Unha vez aceptado no equipo, accede á ligazón do torneo e preme no botón "Unirse": https://lichess.org/tournament/QvMGWy78.

Non o dubides e únete a nós para celebrar que seguimos aquí, xirando e xogando. Agardámoste!

venres, 24 de xullo de 2026

Torneo Online Día de Galicia


Dámoslle a benvida a unha nova cita co xadrez en liña: o Torneo Online Día de Galicia, que terá lugar o vindeiro domingo 26 de xullo de 2026.

Hoxe celebramos con este torneo o Día de Galicia, festividade do noso patrón Santiago Apóstolo (25 de xullo). Unha data sinalada para todos os galegos e galegas, e que dende AGAX queremos festexar tamén dende o taboleiro.

Data: Domingo, 26 de xullo de 2026
Hora: 21:00 (hora peninsular)
Ritmo de xogo: 3 minutos + 2 segundos de incremento por xogada (Blitz)
Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess

Este torneo é totalmente gratuíto e está aberto a calquera persoa con conta en Lichess.

Únete ao equipo: Se aínda non o es, solicita o teu ingreso no noso equipo de Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.

Inscríbete no torneo: Unha vez aceptado no equipo, accede á ligazón do torneo e preme no botón "Unirse": https://lichess.org/tournament/BNaxV9wn.

Este torneo é posible grazas ao patrocinio do Concello da Coruña, a quen agradecemos enormemente o seu apoio para a promoción do noso deporte.

Non o dubides e únete a nós para celebrar o Día de Galicia da mellor maneira posible: xogando ao xadrez. Agardámoste!

venres, 3 de xullo de 2026

Torneo Online do Asalto ao Castelo

Coa chegada do fin de semana, Vimianzo prepárase para vivir unha das súas citas máis agardadas: a mítica celebración do Asalto ao Castelo. E como non podía ser doutra forma, o xadrez tamén será protagonista nesta revolta irmandiña.

En colaboración co INCUDE, organizamos o Torneo Asalto Online, unha oportunidade perfecta para gozar do taboleiro dende calquera lugar e sumarse á festa.


Datos do Torneo

  • Data: Este fin de semana (consultar ligazón).
  • Hora: 16:00 h.
  • Plataforma: Lichess (Formato Arena).
  • Premio: O gañador ou gañadora recibirá como agasallo unha caneca exclusiva de "Irmandiños de INCUDE".

Inscrición e Participación

Para participar, só tes que acceder á sala do torneo na plataforma Lichess a través da seguinte ligazón directa:

👉 Xogar o Torneo Asalto Online en Lichess

Ademais, se non queres perderte nada do que está preparado para estes días, podes consultar o programa completo de actividades na web do xadrez universitario:

🔗 Máis información: Programación Enteira do Asalto ao Castelo 2026.

Prepara as túas mellores xogadas e defende o castelo. Agardámoste no taboleiro virtual!

sábado, 25 de abril de 2026

Torneo Online Dia da Ciencia na Calle 2026


Torneo de Xadrez Online "Día da Ciencia na Rúa" 2026

Dámoslle a benvida a unha nova cita co xadrez en liña: o Torneo Online do Día da Ciencia na Rúa, que terá lugar o vindeiro sábado 9 de maio de 2026. Este torneo enmárcase dentro das actividades programadas para celebrar a ciencia e a estratexia nunha xornada única no Parque de Santa Margarida.

Aproveita o descanso do mediodía para seguir conectado ao taboleiro, esta vez en formato virtual, e desfruta da competición dende calquera lugar.

Detalles do torneo:

  • Data: Sábado, 9 de maio de 2026.
  • Hora: 14:30 (hora peninsular).
  • Duración: 30 minutos de xogo intensivo.
  • Ritmo de xogo: 3 minutos + 2 segundos de incremento por xogada (Blitz).
  • Plataforma: lichess.org
  • Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess.

Como participar:

  1. Únete ao equipo: Se aínda non o es, solicita o teu ingreso no noso equipo de Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.
  2. Inscríbete no torneo: Unha vez aceptado no equipo, accede á ligazón do torneo e preme no botón "Unirse": https://lichess.org/tournament/LMugQK3j.

Animádevos a participar nesta pausa tecnolóxica do Día da Ciencia. Vémonos no taboleiro virtual!

Organiza: AGAX - Xogando co Xadrez
Colabora: Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

Máis información en: www.xadrecista.eu

venres, 24 de abril de 2026

Torneo Online de Abril

 


Dámoslle a benvida a unha nova cita co xadrez en liña, o Torneo Online de Abril, que terá lugar o vindeiro domingo 26 de abril de 2026. Gustaríanos que este torneo sexa unha pequena homenaxe ó noso presidente de honra: Ernesto Pérez


Este torneo é posible grazas ao patrocinio da Concello da Coruña, a quen agradecemos enormemente o seu apoio para a promoción do noso deporte.

Detalles do torneo:

  • Data: Domingo, 26 de abril 2026.
  • Hora: 21:00 (hora peninsular).
  • Plataforma: lichess.org
  • Formato: Torneo aberto para todos os membros do equipo AGAX Aberto en Lichess.



Como participar:

  1. Se aínda non o es, únete ao noso equipo en Lichess: https://lichess.org/team/agax-aberto.
  2. Inscríbete no torneo a través da seguinte ligazón: https://lichess.org/tournament/62CyavD7.

Animádevos a participar e a compartir a vosa paixón polo xadrez. Vémonos no taboleiro virtual!

Patrocina:

Concello da Coruña